Protexer aos cabalos salvaxes é a única forma de preservar a aldea; enfrontarse a eles en Rapa a única forma de non desaparecer.
Sabucedo é unha pequena aldea que conserva algo único: veciños e cabalos salvaxes conviven no mesmo ecosistema e dependen o un no outro para sobrevivir. O pobo celebra a rapa “dás Bestas” e entón énchese con 10.000 persoas e medios de 40 países veñen velos enfrontándose aos cabalos salvaxes, a presenciar o atávico. Pero despois vanse e ninguén ve a realidade que soporta a lenda: cada ano hai menos xente no territorio e extrañamente – como nun espello – os cabalos salvaxes perderon tamén a metade da súa poboación. A aldea teme perder o que os mantén unidos e lles da a súa razón de ser: os cabalos salvaxes. Necesítanse, protéxense, enfróntanse. Para ambos conservar a rapa é a única maneira de non desaparecer.
“Ás veces pensas que é unha merda o que estás a facer, outras veces pensas que é unha xenialidade, un segundo despois do outro. Iso non hai cabeza que o resista.”
Dende o Centro de Estudos Experimentáis do Ministerio de Ciencia Mincha, Pichük organiza a información recollida nun dos seus derradeiros viaxe-caderno: nun fértil e epectacular bosque da rexión de Frondossia especies coma os Urrakaploides e os Flicks queren voar alto, quizais demasiado alto. O Troncotronk coñece moi ben o seu comprtamento.
O resultado: pregunten aos Paxarraros, son os únicos supervivintes.
Vilcabamba foi a derradeira cidade Inca, o derradeiro reduto dun imperio. Desaparecida durante séculos, moitos a teñen buscado. O aventureiro español Santiago del Valle leva anos seguindo o seu rastro pola selva… ata que a atopou.
c/San Andrés 26 4º 15003 A Coruña | TEL: 981 100 933